lunes, 3 de septiembre de 2007

eSpAñA vAi BeN?



Considero que este vídeo o di todo por sí mesmo, só engadir que a xente debería reflexionar antes de considerarse socialista e obreira porque paréceme unha ofensa defender as siglas PSOE sendo un socialdemócrata ó que non lle queda nada para chegar ó neoliberalismo e que a pesar diso considérase "progre".
É indignante a situación socioconómica na que nos estamos a ver inmersos globalmente.
Non máis mentiras, non máis hipocresía nen máis manipulación!!!!

domingo, 22 de julio de 2007

SoLiDaRiEdAdE cOn EL JUEVES


É denigrante a impunidade cá que se viola constantemente a nosa liberdade de expresión nun país no que supostamente vivimos en democracia...

A grande maioría da xente pareceulle un escándalo que as pasadas semanas den Venezuela se pechase unha televisión: Non por favor, menuda censura! Eque Chávez é un dictador!

Ben, ¿que ten que dicir esta xente agora? Nós que vivimos nun país con "liberdade de expresión" e "democracia" e censuran como en tempos franquistas unha revista cómico-satírica que lle está ofrecendo ós/ás seus/súas lectores/as o que demandan.

A miña indignación é tal que non atopo as verbas precisas para expresala, mais supoño que vos poderedes facer unha boa idea da mesma.

Non máis censuras, non máis desigualdades!

miércoles, 18 de julio de 2007

a PuBliCiDaDe E o CoNsUmIsMo



Sei que é un pouco longo de máis este vídeo pero gustoume moito o contido así que espero que vós o poidades disfutar e o que é máis importante, que poidades reflexionar respecto da súa mensaxe, e respecto das mensaxes dos anuncios publicitarios.
Espero os vosos comentarios.

jueves, 7 de junio de 2007

BlOqUeAr Ó G8!!!!


En apoio ós centos de miles de manifestantes que poden estar en Alemaña, rexeitando unha vez máis unha nova cumbre do G8, dende aquí gustaríame gritar NON O G8, porque outro mundo é posible, porque non poden loitar contra tóda-las personas que rexitamos este modelo de sistema xa que sempre haberá alguén disposto a berrar e a deixar a súa vida nunha manifestación, como lle pasou a Carlo Giuliani na pasada cumbre en Génova, e como homenaxe a el tamén, ahí vai este vídeo.
Únamonos ata a Victoria Sempre porque non poderán acalarnos!!!!

viernes, 18 de mayo de 2007

NoN á GlObAliZaCiÓn, NoN o CaPiTaLiSmO



Espero que vos guste este videoclip que resume bastante ben cal é a situación actual da Nosa Terra, Planeta no que vivimos nós, vivirán os nosos fillos, os fillos dos nosos fillos... Planeta que estamos destruíndo grazas o noso consumismo desmesurado no que nos obriga a vivir inmersos o sistema capitalista no que vivimos.
Outro mundo é posíbel!!!!

jueves, 12 de abril de 2007

UnHa BoA mOsTrA dE mAnIpUlAcIóN mEdIáTiCa



A ver que vos parece este vídeo, e aproveito que sae Leticia para dicir que hai que ir a pola III República.
Espero os vosos comentarios.
Saúdos.

lunes, 26 de marzo de 2007

GrAcIaS óS EE.UU. pOlO sEu CaPiTaLiSmO



Dende o meu punto de vista aínda que os EE.UU. son os que levan en Occidente un neoliberalismo máis desmesurado, Europa tamén ten moita culpa de esta globalización que se transforma constantemente no imperialismo que nos a precariedade laboral, a falta de acceso a unha vivenda digna,a privatización dos nosos dereitos sociais, laborais, estudantís... na que vivimos inmersos/as.
Porque entre todas/os outro Mundo máis xusto e igual repartido para todas/os é posible.

sábado, 10 de marzo de 2007

A GrAn AcCiÓn GlObAl 2007

Para non deixarnos indiferentes.


Benvida

Saúdos:
Aquí teñen cabida todas aquelas reflexións, pensamentos, ideas... que cada un/unha queira deixar.
É un espazo creado coa intención de debatir e intercambiar opinións sobre tódo-los temas que están a rexir o presente: a globalización, o imperialismo, o neoliberalismo, etc.
Irei publicando comentarios, videos... de todo aquelo que me resulte interesante compartir con vós e considere que poida servir para intentar dar a idea de que outro mundo é posible gracias a todos e todas nós.
Con respecto ó idioma, eu son galega e por iso irei publicando os meus comentarios en galego, pero se alguen non entende algo e ten interese nelo, traducireino sen nengún problema.
A ver se vos gusta o que publique e que aínda que non vos guste, pídovos que o critiquedes pero que sempre sexa dende o respeto a tóda-las personas e ideas.
Espero comezar a recibir pronto os vosos comentarios.