
É denigrante a impunidade cá que se viola constantemente a nosa liberdade de expresión nun país no que supostamente vivimos en democracia...
A grande maioría da xente pareceulle un escándalo que as pasadas semanas den Venezuela se pechase unha televisión: Non por favor, menuda censura! Eque Chávez é un dictador!
Ben, ¿que ten que dicir esta xente agora? Nós que vivimos nun país con "liberdade de expresión" e "democracia" e censuran como en tempos franquistas unha revista cómico-satírica que lle está ofrecendo ós/ás seus/súas lectores/as o que demandan.
A miña indignación é tal que non atopo as verbas precisas para expresala, mais supoño que vos poderedes facer unha boa idea da mesma.
Non máis censuras, non máis desigualdades!
No hay comentarios:
Publicar un comentario